lunes, 16 de abril de 2012

Insignificante

Bala perdida. Non serves nin para iso. Non te esforces, todo rematará. Camiñarás coa cabeza gacha toda a vida, as follas caeran dos árbores e os touros berrarán. Estás oprimido, estás deprimido. Intúes o final, idéntico ó remate de tódolos capítulos da túa vida. Bebes nunha esponxa de litio buscando solución. Es insignificante. Unha mínima partícula nun universo infinito. Insignificante… insignificante… Ninguén recoñece o teu talento, igual non o tes… esquéceo… dedícate a outra cousa….

E volta a empezar. Bueno, supoño que non está tan mal, polo menos aínda non te reventaches os sesos pintando de sangue a túa parede.

“Querida Alma:
Xa hai demasiado que non sei nada de ti. Sei que ultimamente fixeches unha viaxe Lisboa-Barcelona, pero tívomo que dicir a puta da intuición. En serio crías que non me ía enterar? Só espero que sexas feliz, xa sei que te esqueciches de min, que me abandonaches. Son un desalmado.
Querida Alma, quérote. Volve pronto”

Basta de escribir por hoxe. Xa vomitei suficiente merda no meu ordenador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario