sábado, 16 de junio de 2012

What did you expect?

[...]


ROSALINDA
Ben; na súa persoa dígovos que non vos quero.


ORLANDO
Entón, na miña propia persoa, morro.


ROSALINDA
Non, pola miña fe; morrede por poderes. Este mísero mundo ten preto de seis mil anos de idade, e, sen embargo, en todo este tempo non houbo home que morrera na súa propia persoa; videlicet, por causa de amor. Troilo tivo o cráneo esmagado por unha clava grega; mais, fixo canto puido por morrer anticipadamente, e é un dos modelos de amor. Leandro tería vivido moitos felices anos, aínda que Hero tería profesado de monxa , de non ser por certa calorosa noite do solsticio do verán, pois o pobre mozo non entrou no Helesponto senón a bañarse, e dándolle unha contractura, afogou; e os cronistas imbéciles da época atoparon que fora a causa de Hero de Sestos. Pero estas non son máis que pastranadas. Os homes morren de cando en vez e os vermes cómenos; pero non é de amor do que perecen.


William Shakespeare. As you like it.

miércoles, 6 de junio de 2012

________



Eu que respiro


  que me cabreo,


escribo


   ameazo e abro porta,


resucito,


   lémbrote, négote


afirmo e búscote,


   dubido e necesito,


entón acariño o vento.




Eu que só quería vivir...

domingo, 13 de mayo de 2012

Tortura psicolóxica

[...] Esta mañá, durante o longo traxecto que percorrín no autobús para chegar á casa, contei ata cinco persoas falando soas pola rúa, sen máis interlocutor que os seus propios pensamentos privados fluíndo en voz alta, sen pudor ningún. Desafortunadamente, creo que adoita ser bastante habitual que suceda isto nas grandes cidades, onde seica sufrimos todos unha enorme incomunicación motivada polo exceso de desconfianza que nos demostramos uns con outros. Non queremos que nos fagan dano e por iso só nos facemos dano a nós mesmos, no canto de compartir torturas psicolóxicas en forma de amante formal ou parella ruín, que hai de todo e para escoller se un desexa e múltiples formas de risco.

Diego Ameixeiras. 2006. Tres segundos de memoria.

jueves, 10 de mayo de 2012

Desequilibrios.

Medrei, mudei e volvinme tola. Hai moitas formas de cambiar, de pasar de ser a non ser e viceversa: algúns tinxen o pelo, outros optan por algunha tatuaxe, outras en cambio deciden rachar coas vestiduras, ou ben cantarlle a iso da vida e incluso berrarlle ó inferno... Eu deixeino todo en miles de follas con tinta que se rebelaron contra a choiva, que ilusas elas. Escorregoume a tinta polo desaugadoiro, así como o tinte remata por deixar ó descuberto as raíces; como aquel que racha as vestiduras e queda ... Sigo berrando, pero baixiño. Xa está ben de tanto chover.


Dixo a tola.

sábado, 5 de mayo de 2012

Maxia.

Marabillábana as palabras, non só a súa forma senón a maxia que debuxaban, como esvaraban e como as sentía. El ben sabía como facer que perdera o equilibrio, o norte, acostumaba a agarimala con esas verbas... esas. Engarrábanselle á pel... Sempre crera que tiña o don da retórica, porque esas palabras podían pasar de acariñala a producir unha guerra fría. Tiñan vida. Levaban vivindo tantos anos entre a súa pel e o corazón que todo aquilo era un cachiño dela. Pero foi o señor tempo quen decidira que xa non era necesario queimar todo, concedeu unha tregua, e deixouno todo en forma maxia caducada.

viernes, 4 de mayo de 2012

Cuentan.

Imaginó que imaginando llegaba a ti. Soñando escuchó que tu le hablabas. Sacó pecho y, a la vista de las conclusiones, decidió inmolarse en el sol.

-No me quemará su fuego- dijo.

-Si no pudo quemarme el tuyo- sentenció.

lunes, 30 de abril de 2012

Non quero bailar máis

Dóenme os pés de tanto bailar,
de que me pises,
de non saber camiñar;
doen de tanto correr,
de agardar, e non sentada.

Non quero bailar máis.