domingo, 6 de enero de 2013

Metades.

Segundo a mitoloxía grega os seres humanos foron creados orixinariamente con catro brazos, catro pernas e unha cabeza con dúas caras. Ante o temor do seu poder, Zeus dividiunos en dous seres separados, condeándoos a pasar as súas vidas en busca das outras metades. Cremos que somos superiores a eles por vivir no tempo en que vivimos, pero o certo e que hai constantes que todos compartimos. Seguimos sufrindo por metades que nunca foron nosas, procuramos algo que descoñecemos. Somos así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario