[...]
ROSALINDA
Ben; na súa persoa dígovos que non vos quero.
ORLANDO
Entón, na miña propia persoa, morro.
ROSALINDA
Non, pola miña fe; morrede por poderes. Este mísero mundo ten preto de seis mil anos de idade, e, sen embargo, en todo este tempo non houbo home que morrera na súa propia persoa; videlicet, por causa de amor. Troilo tivo o cráneo esmagado por unha clava grega; mais, fixo canto puido por morrer anticipadamente, e é un dos modelos de amor. Leandro tería vivido moitos felices anos, aínda que Hero tería profesado de monxa , de non ser por certa calorosa noite do solsticio do verán, pois o pobre mozo non entrou no Helesponto senón a bañarse, e dándolle unha contractura, afogou; e os cronistas imbéciles da época atoparon que fora a causa de Hero de Sestos. Pero estas non son máis que pastranadas. Os homes morren de cando en vez e os vermes cómenos; pero non é de amor do que perecen.
William Shakespeare. As you like it.
Oooooooooooooooohh ajjajaj son Jacques
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar