O paxaro máis rápido atopará ó verme, unha decisión a tempo salvará vidas. Quen dubida está perdido, non podemos finxir que non nolo dixeron, todos escoitamos os proverbios, ós filósofos, os nosos avós advertindo sobre o tempo perdido; escoitamos os poetas malditos instándonos a vivir o momento, aínda que ás veces debemos escoitarnos a nós mesmos. Debemos cometer os nosos propios erros, debemos aprender as nosas propias leccións, debemos deixar as posibilidades de hoxe baixo a alfombra do mañá, ata que non poidamos máis, ata que comprendamos por fin o que Bejamin Franklin quería dicir; que é mellor saber que preguntarse, que espertar é mellor que durmir, e que fracasar ou cometer un erro enorme é moito mellor que non intentalo.
Non é froita o que buscas...
sábado, 7 de abril de 2012
B.
Fai dous siglos Benjamin Franklin reveloulle ó mundo o segredo do seu éxito: "Nunca deixes para mañá,o que podes facer hoxe". O certo é que non sei por qué pospoñemos todo, pero se tivera que adiviñalo diría que ten moito que ver co medo, medo ó fracaso, medo á dor, medo ó rexeitamento. Ás veces é medo a tomar unha decisión, e se te equivocas?, e se cometes un erro sen solución?. Sexa o que queira que nos dá medo, unha cousa é certa: cando a dor de non facer algo é máis insoportable que o medo a facelo, é como se cargáramos con toneladas enriba.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario