miércoles, 29 de febrero de 2012

Juliette

[...]

"Non sei qué queres que diga. Debe ser tan triste amarme, tan triste verme sufrir cada vez que me tocas; ou esta coroa silveireda e auga que corta, cada vez que esgaza polo sur e cae o ceo en auga, e raia o cristal da miña casa e caligrafía. Non sei qué queres que diga..."

Que algún día marcharemos de aquí (ti e mais eu) e por campos de arroz e mostaza, a onde seguen inclinadas así, que abandonan cada día a súa terra. Que abandonan...(Cada día)
E cada día refire ese lugar, e de novo lastimosa repite para sí que botaría o seu sangue a perder só para non ter que mirar (que realmente non mira nen sequera a letra, e descoñece esta historia, esta parede informe que deita, unha outra inventada que xa me segue, detrás, como as cousas do mundo, como as cousas que nada saben de min... no mundo)

E cita todo canto parece ser verdade, dificilmente verso, canción ou clamor, executar victoriosa a peza final (que había un destino, unha segunda pel, milagrosa) e repite para sí: "tan só este corpo, este inverno, racheado que se afunde en nós, porque nós... estamos abrazadas ao mellor que temos, ás veces unicamente compaixón, outas enlaza como histeria nos labios e vai contra ti -presa da histeria- sóltame."

Emma Couceiro. (2003). Cito

No hay comentarios:

Publicar un comentario