martes, 3 de enero de 2012

Ela (2)

Sempre tiña os pés fríos, daba igual inverno que verán. O toparse cos seus peciños entre as sabas parecía transmitir unha xélida sensación, mais a cor mel dos seus ollos compensaba con calidez. Gustáballe durmir co cabelo solto, e preto de alguén. A soidade afogábaa, sobre todo polas noites.

No hay comentarios:

Publicar un comentario