sábado, 14 de julio de 2012

Parches

Hai moitos xeitos de cubrir ocos, e de ocultar baleiros. Por exemplo o oco que queda nun leito con unha soa persoa; pódese reducir a base de mantas, peluches ou incluso almofadas. O que resulta un chisco máis complexo e reencher os baleiros desa persoa. Sempre podes nubrar todo con un pouco de fume de tabaco, ou endozalo con amargo sexo sen amor; recubrilo con algún que outro muro de odio, ou simplemente agardar a formar parte dese baleiro. Niso din que consiste a felicidade, en ir reenchendo baleiros, paliándoos e tirando de mendos. Mágoa que se empeñe en rachar sempre o mesmo parche polo mesmo sitio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario