Non son perfecto,
quizais non o mereza,
pero xa me fartei de buscarte nas luzes da noite
quero ver teus ollos crarexar
e cantar ás mañás liberdade
quero abrir as pernas de teus beizos
e vislumbrar...
E se non puidera
e o minotauro apuñara
coas súas duras cornamentas
o resto de estratos do meu corazón
e se non puidera e estampara a miña alma
nun indefinido sinistro total?
dous círculos azuis
dous círculos azuis
e as montañas douradas
rompín as cordas dunha guitarra
por mera estupidez
pois si non puidera
o puto minotauro volvería outra vez
No hay comentarios:
Publicar un comentario