jueves, 22 de diciembre de 2011

Pezas

Dicía Platón que o ser humano é un ser sociable, que precisa dos demais, que está feito para vivir con outros, e tiña razón. O ser humano é coma un crebacabezas, que precisa ser completado para tomar forma. Estamos rodeados de miles de pezas que van formando parte de nós, até que só nos falla esa peza, "a peza". Mais non sei por que motivo, acostumamos escoller sempre a que non encaixa. E teimamos en facer que cadre, pero por máis bágoas e corazón que empreguemos o máis que podemos lograr é deformar o noso propio crebacabezas. O problema é que de tanto porfiar pode escachar, e por máis cinta adhesiva que utilices, nunca volve a súa forma orixinal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario