Non é froita o que buscas...
martes, 20 de marzo de 2012
coma, punto e seguido. Punto final.
Ás veces peco un chisco de proxecto de filóloga, e dáseme por pór a vida en forma de texto. Comezo co lápis e a gomiña, por se me trabuco, pero como confiada que son, paso cedo de máis ó boli. Mais de tanto optimismo en tinta remato facendo borranchos, e volta a comezar. A sorte é que son algo teimosiña, e un borrón non me amola tan facilmente. Comezo folla nova tantas veces como folios teña a man, pero a mágoa é cando se esgotan, e sen decatarme risco do mesmo xeito no derradeiro que nos anteriores, ou un chisco máis, se cabe. Son moi desastriño, pero mellor que non se note demasiado, por se me dan algunha folla máis.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario