miércoles, 1 de febrero de 2012

Impulsos

En calquera momento os catorce billóns de neuronas do cerebro disparan impulsos a velocidades de 725km/h. Mais a maioría das veces non as controlamos. Cando sentimos un calafrío, estremecémonos, cando nos excitamos, adrenalina. O corpo obedece de forma natural ós seus impulsos... Aínda que algunhas veces temos impulsos que preferimos non controlar, e que máis tarde prefeririamos ter controlado. O corpo é un escravo dos seus impulsos. Mais hai algo que nos volve humanos... e que podemos controlar. Despois da tormenta, despois da carreira, despois de revivir un momento pasado podemos relaxarnos e limpar a nosa mente. Podemos intentar esquecer o pasado... e outra vez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario