Nin calma, nin hostias, nin medo, nin bágoas… Que chorar serve de pouco, e berrar para quedar afónica...Comer para engordar, e beber para esquecer. As fotos están para lembrar, e as lembranzas para facer dano. As cancións para cantar, e cantar para que chova. A choiva para encerrarte, e encerrarte para ter moita paciencia. A paciencia para o estudo, e o estudo para chegar ó máis alto… E de alí? De alí ó maís baixo. Xamais, e dígoche que xamais, terás o que queres. Se o queres é porque non o tes, e se non o tes e porque xa o tiveches. Se o tiveches importábache, e senón che importaba xa o perdiches.
No hay comentarios:
Publicar un comentario