martes, 24 de enero de 2012

Melancolía

Non tiña nada que facer. Os meus días de gloria chegaran á súa fin. As festas, a diversión, a sensación de ser inmortal morrera afogada polo paso do tempo.

Séntome no meu sofá, escoitando discos de Black Sabbath mentres recordo. Unha botella de ron alivia a miña memoria brindándome o calor das luces e a violenta caricia dos aplausos.

Subir ao escenario e tocar o primeiro acorde. Cegarse co brillo das estrelas e enxordecer cos gritos do público. Xogar coa morte en cada camerino con inxeccións de felicidade. Berrar, golpear, aturdir, vivir.

Ver o desexo nos ollos das groupies. Ata que apareceron os dela…

Lástima, unha carreira perdida por unha fuxida ao val dos ausentes.

1 comentario: